Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Xoves, 13 de agosto de 2015 Páx. 33372

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2015 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria e publicación urxente, para a contratación da subministración de cromatógrafo de líquidos de alta eficacia acoplado con analizador de masas (expediente 22/15).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

• Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

• Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais Campus As Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: 36310 Vigo.

• Teléfono: 986 81 35 51.

• Telefax: 986 81 38 57.

• Enderezo electrónico: xscont@uvigo.es

• Enderezo da internet del perfil del contratante:

http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp ?idm_abr=ga

• Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de remate do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 22/15.

2. Obxecto do contrato do expediente:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: cromatógrafo de líquidos de alta eficacia acoplado con analizador de masas.

c) Lugar de execución/entrega: Servizo de Seguridade Alimentaria e Desenvolvemento Sustentable do CACTI (Centro de Apoio Científico Tecnolóxico á Investigación) no Campus das Lagoas-Marcosende en Vigo.

d) Prazo de execución: tres meses.

e) Admisión de prórroga: non.

f) C.P.V.: 38300000-8.

g) C.P.A.: 32.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: segundo os subcriterios indicados no número 16 da folla resumo de características do prego.

• Redución no prezo de licitación: 40 puntos.

• Calidade técnica: 35 puntos.

• Inclusión de trampa de ións adicional para análise mrm3 Trampa permite mellorar a selectividade cuantitativa, cando a cuantificación standard MRM é difícil en presenza dun elevado ruído de fondo ou interferencias que co-eluen: 20 puntos.

• Extensión do prazo de garantía ata dous anos: 5 puntos.

d) División por lotes: non procede.

4. Valor estimado do contrato: 125.822 €.

5. Importe de licitación: 125.822 €.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

c) Complementaria: non se exixe.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económico-financeira e solvencia técnica e profesional: os que se indican, respectivamente, nos puntos 11 e 12 da folla resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no número 13 da folla resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

b) Modalidade de presentación: papel, tres sobres: A, B e C (de ser o caso: compróbense os requirimentos de cada expediente).

c) Lugar de presentación:

• Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

• Enderezo: Edificio de Xerencia Servizos Centrais- baixo. Praza de Erasmo s/n, Campus das Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo 36310.

• Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para os sobres B e C na sala de xuntas de Xerencia da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: Edificio de Xerencia e Servizos Centrais, 2º andar. Praza de Erasmo s/n Campus das Lagoas-Marcosende.

c) Localidade código postal: Vigo 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán a cargo do adxudicatario, rateando o seu importe a partes iguais entre os licitadores que resulten adxudicatarios. Aproximadamente 1.200 €.

11. Outra información: este contrato está cofinanciado con fondos Feder. Convocatoria 2013. Ministerio de economía e competitividade. Axudas a infraestruturas e equipamento científico-técnico. Subprograma estatal de infraestruturas científicas e equipamento. Número de proxecto: UNVI13-1E-2743. Data límite para executar a aplicación dos fondos: 31 de decembro 2015.

Vigo, 5 de agosto de 2015

P.D. (Resolución 7.5.2014, DOG do 13 de maio)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo