Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Xoves, 13 de agosto de 2015 Páx. 33376

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Padrenda

ANUNCIO de exposición pública do expediente de delimitación do núcleo rural das Vendas.

Atopándose en fase de tramitación o expediente indicado, exponse este á información pública por un período de un mes para os efectos de que poida ser examinado polos interesados e presentaren as alegacións que consideren oportunas.

Procedencia: Concello de Padrenda (Ourense).

Expediente: 451/2014.

Solicitude: delimitación do núcleo rural das Vendas.

Lexislación reguladora: disposición adicional segunda da Lei 9/2002, coa redacción que lle outorgan as leis 15/2004, 6/2008 e 2/2010, en relación co artigo 13 desta Lei 9/2002, todas de Galicia.

Este mesmo anuncio insírese –de conformidade co previsto legalmente– nos diarios La Voz de Galicia e Faro de Vigo, así como no Diario Oficial de Galicia, comezando a contar o prazo antes sinalado a partir da última aparición publicada deste edicto.

Unha vez rematado o trámite, someterase o expediente ao coñecemento do Pleno do Concello para a súa posterior elevación á aprobación definitiva pola Dirección Xeral de Urbanismo.

Padrenda, 23 de xullo de 2015

Manuel Pérez Pereira
Alcalde