Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Xoves, 13 de agosto de 2015 Páx. 33334

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 10 de xullo de 2015 polo que se notifican as resolucións ditadas en expedientes en materia de dominio público hidráulico (expediente DH.W15.40204 e nove máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que se relacionan no anexo as resolucións da Dirección de Augas de Galicia ditadas en expedientes en materia de dominio público hidráulico e devoltas polo servizo de Correos.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso de alzada ante a Presidencia de Augas de Galicia, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado, unha vez transcorrido este, a resolución devirá firme.

Así mesmo, fáiselles saber que as resolucións se encontran á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia, sitas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2015

Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia

ANEXO

Expediente

Interesados/as

Enderezo

Data da resolución

Sentido da resolución

DH.W15.40204

Amalia Yáñez Díaz

Prados 15

15578 Narón

3.2.2015

Desfavorable

DH.W15.41439

Mónica López Herrero

R/ Hábitat 15-2º dereita

15172 Oleiros

21.4.2015

Prórroga

favorable

DH.W15.23242

UTE Barbanza

Avda. da Constitución 79

15930 Boiro

5.6.2015

Arquivamento

DH.W36.18289

UTE Maceiras

R/ Subida da Estación Vella 35-2º

36800 Redondela

3.6.2015

Favorable

DH.W15.47069

Isaura Agrelo Segade

Ardesende 21, Codesedo

15881 Boqueixón

17.4.2015

Favorable

DH.W27.45629

Irene Mandía Muñoz

R/ das Rochas 7

15173 Oleiros

21.1.2015

Favorable

DH.W15.46042

Jorge Santiago Moledo Castro

Vadebois, San Mamede

15293 Carnota

16.2.2015

Arquivamento

DH.A36.16084

Alicia Buján Vázquez

R/ Blanco Amor 3º, travesía 10

36600 Vilagarcía de Arousa

17.3.2015

Arquivamento

DH.W36.47254

Manuel Taboada Camino

Pazos 10 A, Oirós

36598 Vila de Cruces

7.4.2015

Favorable

DH.W15.25811

José Manuel Agraso Maneiro

Frei Lois Rodríguez 17-2º A

15200 Noia

13.4.2015

Favorable