Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Xoves, 13 de agosto de 2015 Páx. 33336

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Innovación

CÉDULA do 28 de xullo de 2015 pola que se notifica a resolución de revogación correspondente ao expediente IN841B 2012/5080, devolta polo servizo de Correos.

A Axencia Galega de Innovación, con data 2 de xullo de 2015 enviou unha notificación á empresa Alimentos Lácteos, S.A. a fin de comunicarlle a revogación do expediente IN841B 2012/5080, de conformidade co disposto no artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. A devandita notificación foi devolta polo servizo de Correos declarando o funcionario «descoñecido». Ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle á entidade beneficiaria o contido do trámite de audiencia que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Tendo en conta o anterior e segundo o artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, os interesados dispoñen dun prazo de quince días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no BOE, para facer alegacións e presentar os documentos e xustificantes que estimen pertinentes. Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta axencia, sita na praza de Europa, 10-3º A, 15707 Santiago de Compostela, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2015

Manuel Varela Rey
Director da Axencia Galega de Innovación

ANEXO

Núm. expediente: IN841B 2012/5080.

Título: Lacto Castanea Biotech.

Nome ou razón social: Alimentos Lácteos, S.A.

CIF/NIF: A27401868.

Tipo de axuda: apoio ao crecemento empresarial mediante o fomento da investigación e a innovación empresarial, convocadas pola Orde do 11 de abril de 2012 (Diario Oficial de Galicia núm. 73, do 17 de abril).

Contido do acto: notificación da resolución de revogación IN841B 2012/5080.