Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Xoves, 13 de agosto de 2015 Páx. 33330

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 28 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente PSC-CO-0300/2014-PPM e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-0300/2014-PPM e outro máis. É tamén de aplicación o artigo 59.5 desta lei, modificado pola Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, segundo a cal esta notificación ten que ser feita no BOE, e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, nº 2, 5º andar (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución do recurso de alzada e constancia de tal coñecemento.

De conformidade co previsto na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG núm. 235, do 5 de decembro), os importes das devanditas sancións deberán ser aboados nos prazos que establece o artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, ou do contrario procederase, sen máis trámite, ao seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria. Para o pagamento en período voluntario os interesados deberán recoller na antedita Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar o documento de ingreso correspondente.

Se cumpren os requisitos previstos no artigo 151 da Lei 11/2008, do 3 de decembro, poderán solicitar, no prazo dun mes contado a partir da firmeza da presente resolución, a suspensión condicional da execución da sanción imposta, mediante escrito motivado en que manifeste o compromiso de aterse ás condicións que para o seu outorgamento se establezan, co fin de garantir, durante o prazo de suspensión, un comportamento de respecto á normativa reguladora da actividade pesqueira.

A Coruña, 28 de xullo de 2015

Enrique Luis de Salvador Sánchez
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-0300/2014-PPM.

Persona interesada: Miguel Ángel Martínez Sar.

Acto de notificación: resolución de recurso de alzada.

Último domicilio coñecido: Federico Ávila, 19, 2º, Fisterra.

Expediente: PESAN1 2008/800-1.

Persona interesada: Miguel Ángel Rial Cadillo.

Acto de notificación: resolución de recurso de alzada.

Último domicilio coñecido: rúa Ulla, esquina Rosal, 1 A, 5º B, A Pobra do Caramiñal.