Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Xoves, 13 de agosto de 2015 Páx. 33222

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 27 de xullo de 2015 pola que se fixan os prezos de venda ao público de diversas publicacións.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia. Por tanto, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Quedan aprobados os prezos de venda ao público das publicacións editadas por esta consellería e que se relacionan no anexo.

Segundo. Estes prezos entenderanse, de ser o caso, co IVE incluído.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2015

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Locus horridus#locus amoenus. 8 €.

O lobo e a lúa. 9,50 €.

Ela, piedade dos suicidas. 5,20 €.

Xogando con gatos. 14,25 €.

Raclette. 13 €.

Cadernos Ramón Piñeiro XXXI. Xosé Filgueira Valverde. Homenaxe. Quíxose con primor e feitura. 12 €.