Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Xoves, 13 de agosto de 2015 Páx. 33221

I. Disposicións xerais

Consellería de Sanidade

CORRECCIÓN de erros. Orde do 11 de maio de 2015 pola que se crea o Rexistro Galego do Infarto Agudo de Miocardio.

Advertido un erro no anexo I da orden indicada, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 90, do 15 de maio de 2015, procede efectuar a correspondente corrección, relativa ao sistema de tratamento empregado, de modo que o dito anexo I quedará como segue:

ANEXO I

Nome e descrición do ficheiro

Regaliam.

Finalidade do ficheiro e usos previstos

a) Determinar as características epidemiolóxicas, clínicas e terapéuticas da poboación afectada, rexistrando o procedemento de acceso do/a paciente ao sistema sanitario, o itinerario seguido para recibir asistencia, os procedementos diagnósticos e terapéuticos utilizados e o seu resultado.

b) Proporcionar, a través de distintos indicadores de calidade, datos epidemiolóxicos e asistenciais precisos para unha planificación eficaz e eficiente dos recursos materiais e humanos destinados á atención ao infarto agudo de miocardio.

c) Avaliar a eficacia, efectividade e eficiencia da rede asistencial en relación co infarto agudo de miocardio, nos seus aspectos sanitario, económico e de xestión.

d) Servir de base para a elaboración de estudos epidemiolóxicos, clínicos e estatísticos.

Órgano responsable do ficheiro

Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

Persoas e colectivos sobre os cales se pretende obter datos

Pacientes atendidos/as nos centros hospitalarios do Servizo Galego de Saúde, Povisa e 061, afectados/as por infarto agudo de miocardio con elevación do segmento ST.

Servizos ou unidades ante os cales poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Consellería de Sanidade ou calquera dos centros/unidades dependentes desta, así como o Servizo Galego de Saúde ou calquera dos centros/unidades dependentes deste, así como as entidades públicas instrumentais dependentes da Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde.

Nivel do ficheiro

Alto, por recoller datos sanitarios.

Procedencia e procedemento de recollida de datos

Actos de prestación sanitaria directa.

Tipos de datos de carácter persoal (categorías de datos)

Datos de carácter identificativo: TIS/número de tarxeta sanitaria.

Datos de características persoais: sexo, idade, concello de residencia.

Datos especialmente protexidos: datos de saúde e clínicos.

Encargado do tratamento

Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

Sistema de tratamento

Parcialmente automatizado (mixto).

Comunicacións ou cesións de datos

Investigadores/as, para o desenvolvemento de estudos científicos, de acordo co sinalado no artigo 11 do Decreto 29/2009, do 5 de febreiro. Instituto Galego de Estatística e Órgano Estatístico Sectorial da Consellería de Sanidade, de acordo coa normativa estatística da Comunidade Autónoma de Galicia e coa normativa de protección de datos no Sistema sanitario público de Galicia.

Transferencias internacionais de datos a terceiros países

Non están previstas.