Intentada a notificación destes acordos a través do servizo de Correos, e ao non ser posible a súa práctica, segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio desta cédula notifícaselles ás persoas interesadas o contido das resolucións que figuran no anexo.
Estas resolucións poñen fin á vía administrativa e contra elas poden interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpor recurso de reposición no prazo dun (1) mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial. Todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Lémbraselles o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias do Servizo de Traballo e Economía Social desta xefatura territorial, sito na avenida da Habana, 79-7º andar, en Ourense, e a obter, se é o caso, copia deste, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Ourense, 6 de xullo de 2015
José Selas Souto
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
Expediente: TR347H 2009/2-3 e TR347H 2009/3-3.
Nome: Excavaciones Barreiro Maside, S.L.
NIF/CIF: B32375727.
Último enderezo coñecido: Outeiro Grande, portal 4-1º A , 32570 Maside, Ourense.
Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras subvencionadas ao abeiro deste programa durante un período mínimo de tres (3) anos.
Precepto infrinxido: artigo 16.5 da Orde do 30 de decembro de 2008.
Contido da resolución: acordo de procedencia do reintegro da axuda.
Expediente: TR347H 2009/76-3.
Nome: Mirador de Peñarredonda, S.L.
NIF/CIF: B32384091.
Último enderezo coñecido: rúa Carlos Velo, nº 4, baixo, 32005 Ourense.
Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras subvencionadas ao abeiro deste programa durante un período mínimo de tres (3) anos.
Precepto infrinxido: artigo 16.5 da Orde do 30 de decembro de 2008.
Contido da resolución: acordo de procedencia do reintegro da axuda.
Expediente: TR347H 2009/95-3.
Nome: José Antonio Vázquez Blanco.
NIF/CIF: 44660089T.
Último enderezo coñecido: rúa Alameda, nº 3, 32500 O Carballiño, Ourense.