Intentada sen éxito a notificación persoal, de conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a resolución relativa ao procedemento de solicitude de suspensión condicional de execución da sanción.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, ante a Consellería do Medio Rural e do Mar, ou ben poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Así mesmo, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Os prazos empezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE. O expediente relacionado a seguir está á disposición do interesado na Consellería do Medio Rural e do Mar (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, teléfono: 981 54 61 63).
Nº de expediente: Pesan 1 2013/001301-5.
Beneficiario: Juan Pedro Camejo Casanova.
NIF: 45554192R.
Enderezo: rúa Ecuador, 4, portal, 2, 1º C, 36300 Baiona, Pontevedra.
Trámite: resolución desestimatoria.
Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2015
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar