Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Mércores, 12 de agosto de 2015 Páx. 33193

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 29 de xullo de 2015 pola que se notifica resolución que acorda non admitir a trámite solicitude de concesión administrativa.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase a Actuaciones Navales, S.L., mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, resolución emitida pola Presidencia de Portos de Galicia o 6 xullo de 2015, que acorda non admitir a trámite a solicitude de concesión administrativa para o establecemento dunha instalación permanente de despezamento e reciclaxe de buques no porto de Brens-Cee, A Coruña.

A resolución emítese sobre a base do establecido no artigo 71 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, que aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, por non ser compatible a concesión solicitada co documento de delimitación de espazos e usos do porto.

O expediente completo para o seu exame e consulta atópase na sede dos servizos centrais de Portos de Galicia sitos na praza de Europa, nº 5 A, 6º, de Santiago de Compostela.

Esta cédula publicarase tamén no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Contra a resolución que pon fin á vía administrativa poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante el Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela que corresponda nun prazo máximo de dous (2) meses contados desde a publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado. De maneira potestativa, poderase interpor recurso de reposición ante a Presidencia de Portos de Galicia no prazo máximo dun mes contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2015

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia