Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Martes, 11 de agosto de 2015 Páx. 32960

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (948/2014).

Tipo e nº de recurso: recurso de suplicación 948/2014 PM

Xulgado de orixe/autos: demanda 1142/2008, Xulgado do Social número 2 da Coruña

Recorrente: José Manuel Iglesias Mouriño

Avogada: Lidia Vázquez Méndez

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Danigal, S.A., Soluziona Operación y Mantenimiento, S.A., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Umivale Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedad Profesionales S.S. nº 15, Operación y Mantenimiento Energy, S.A., Urbaser, S.A.

Avogados: Alicia Llan Lodos, Lorenzo Sabell Pelaez

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 948/2014 desta sección, seguidos por instancia de José Manuel Iglesias Mouriño contra a empresa Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Danigal, S.A., Soluziona Operación y Mantenimiento, S.A., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Umivale Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedad Profesionales S.S. nº 15, Operación y Mantenimiento Energy, S.A., Urbaser, S.A., sobre incapacidade permanente, se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de José Manuel Iglesias Mariño contra a sentenza do 3 de xullo de 2013, ditada polo Xulgado do Social número 2 dos da Coruña, en proceso sobre revisión de grao de incapacidade promovido polo recorrente fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social e outros, debemos confirmar e confirmamos a sentenza impugnada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado perante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ó 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Soluziona Operación y Mantenimiento, S.A., Operación y Mantenimiento Energy, S.A., Urbaser, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de xullo de 2015

A secretaria xudicial