Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Martes, 11 de agosto de 2015 Páx. 33028

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 3 de agosto de 2015 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 11/2015 no expediente de reposición da legalidade IU1/11/2013-R1, ao ser devolta a notificación polo servizo de Correos.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela, en relación co procedemento ordinario número 11/2015, interposto por Serafín dos Reis Machado e María do Ceu dos Santos Domingos contra a Resolución do 7 de novembro de 2014 ditada pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no expediente de reposición da legalidade urbanística número IU1/11/2013-R1, pola que declara ilegalizables e ordena a demolición das obras executadas no lugar de Estivadiña, parroquia de San Martiño de Aríns, concello de Santiado de Compostela, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela.

Ao non poder realizarse a notificación persoal dos emprazamentos, mediante esta cédula, ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, se lle notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado, se empraza a Serafín dos Santos Machado para que poida comparecer como interesado nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística