Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Martes, 11 de agosto de 2015 Páx. 32973

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (1041/2014).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1041/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan José Vázquez Teo contra Estructuras Metálicas Gallegas, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, se ditou Sentenza número 136 cuxo encabezamento e resolución son do teor literal:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2015

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos 1041/2014 e acumulado 174/2015, promovidos ante este xulgado do social sobre despedimento, resolución contractual e reclamación de cantidade, por instancia de Juan José Vázquez Teo, asistido polo letrado Alberto Freijeiro Otero contra Estructuras Metálicas Gallegas, S.L. e o Fogasa, que non comparecen, pronunciou a seguinte sentenza.

(…)

Resolvo:

Que debo estimar e estimo as demandas presentadas, e en consecuencia:

1º. Estimo a acción de resolución contractual, declaro resolto o contrato de traballo que unía as partes con data da presente resolución por causa imputable ao empresario e condeno a demandada ao aboamento da indemnización de 52.267,95 euros.

2º. Declaro a improcedencia do despedimento de que foi obxecto o demandante con efectos do 16 de xaneiro de 2015.

3º. Condeno a demandada ao aboamento dos salarios de tramitación devindicados a razón de 62,78 euros desde o 16 de xaneiro de 2015 ata a data da presente sentenza.

4º. Condeno a demandada ao aboamento de 17.667,13 euros en concepto de salarios, pagas extras devindicadas ata o 15 de xaneiro de 2015, importe que se incrementará cos xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET).

5º. Condeno o Fogasa a se ater a esta resolución nos termos do artigo 23.6, inciso segundo, da Lei reguladora da xurisdición social (LRXS).

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino. A maxistrada-xuíza».

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Estructuras Metálicas Gallegas, S.L, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2015

A secretaria xudicial