Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Martes, 11 de agosto de 2015 Páx. 32996

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 24 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se notifica o apercibimento para a presentación do proxecto de peche definitivo dos labores ao titular da explotación mineira Prado número 289, sita no termo municipal de Viana do Bolo, na provincia de Ourense.

Ante a imposibilidade de notificación, por medio desta cédula, notifícaselle á empresa Orsa, S.L., con CIF B24075103, dada a situación de abandono en que se atopa a explotación mineira, o apercibimento para a presentación, nun prazo máximo de 10 días, ante a Dirección Xeral de Enerxía e Minas, o proxecto de peche definitivo dos labores na explotación mineira Prado núm. 289, sita no termo municipal de Viana do Bolo, na provincia de Ourense, coa advertencia de que, se así non o fixer, esta Administración adoptará o pertinente acordo de execución subsidiaria para adoptar as medidas precisas e proceder ao peche da explotación mineira, co posterior reintegro dos gastos por ese titular, sen prexuízo da facultade de incoar o correspondente expediente sancionador e de impoñer as correspondentes multas coercitivas.

A presente cédula expídese para que conste e sirva de notificación á empresa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2015

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas