Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Luns, 10 de agosto de 2015 Páx. 32858

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2015, do Servizo da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación, trámite de urxencia, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado da obra de conversión en autovía do corredor do Morrazo CG-4.1., treito: enlace de Rande-enlace de Cangas, subtreito I: puntos quilométricos 0+000 ao 3+250, no concello de Moaña (clave PO/12/070.01).

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2 a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras indicadas no encabezamento da presente resolución atópanse incluídas no programa de obras que se vai realizar con cargo ao programa 512-B, construción, conservación e explotación de estradas.

Con data do 12 de febreiro de 2015, a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para os efectos de expropiación para a mencionada obra por Decreto 29/2015, publicado no DOG núm. 37, do 24 de febreiro.

Con data do 22 de abril de 2013 procedeu á aprobación do proxecto de trazado da obra de conversión en autovía do corredor do Morrazo CG-4.1, treito: enlace de Rande-enlace de Cangas, subtreito I : p.q. 0+000 ao 3+250, no concello de Moaña (clave PO/12/070.01), a Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, por delegación do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servizo, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolve convocar os titulares de bens e dereitos afectados para que comparezan no lugar, na data e na hora que se citan, para proceder ao levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se recollerán os datos necesarios para determinar os bens e dereitos afectados e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.

Lugar: Casa do Concello de Moaña.

Día: 24 de agosto 2015.

Horario: das 10.00 ás 13.30 horas.

De: Alonso González, María a Martínez Vázquez, César.

Día: 25 de agosto de 2015.

Horario: das 10.00 ás 13.30 horas.

De Molares Alonso, S.A., José a Verdeal Ríos, Manuel.

Día: 26 de agosto de 2015.

Horario: das 10.00 ás 13.30 horas.

Descoñecidos.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes, estarán expostos no Concello de Moaña e no Servizo da Delegación Provincial de Pontevedra da Axencia Galega de Infraestruturas (avenida Fernández Ladreda, nº 43-1º, 36003 Pontevedra).

Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome; achegar os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e último recibo da contribución, e poden acompañarse, pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e dun notario.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servizo da Delegación Provincial de Pontevedra, as alegacións que consideren pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos ao relacionar os bens afectados pola urxente ocupación.

Pontevedra, 21 de xullo de 2015

Fausto Nuñez Vilar
Xefe do Servizo da Delegación Provincial de Pontevedra