Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Luns, 10 de agosto de 2015 Páx. 32823

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (864/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 864/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Pilar Míguez Camino contra Asociación Profesional Agraria Xóvenes Agricultores e outros, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación

Secretaria xudicial: Susana Varela Amboage

En Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2015.

Únase o anterior escrito de alegacións presentado pola demandante e trasládese ás demandadas co fin de que, no prazo común de cinco días, presenten conclusións por escrito sobre a totalidade da proba practicada.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se deberá interpor ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A secretaria xudicial»

E para que sirva de notificación en legal forma a Asociación para el Fomento de la Riqueza Forestal-Afrifoga, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2015

A secretaria xudicial