Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Luns, 10 de agosto de 2015 Páx. 32825

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo da obra para a demolición/modificación dos obstáculos na bacía do río Ulla, dentro do proxecto Life+ Margal Ulla (Life NAT/ES/000514), cofinanciado pola Unión Europea nun 49,39 %, a través do programa Life+.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 12/2015 CN.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22404

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obra.

b) Descrición: demolición/modificación dos obstáculos na bacía do río Ulla.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 45222000-9 e 45246200-5.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 175.628,91 €.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 175.628,91 €. Importe total: 212.510,98 €.

6. Financiamento: cofinanciamento dos fondos Life+ Natureza e Biodiversidade, dentro do proxecto LIFE09NAT/ES/000514 Margal Ulla, cunha contribución do 49,39 %.

7. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 17.7.2015.

b) Data de formalización do contrato: 21.7.2015.

c) Adxudicatario: Copcisa, S.A.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 141.960,85 €; importe total con IVE: 171.772,63 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2015

P.D. (Orde do 15.3.2012; DOG núm. 58, do 23 de marzo)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas