Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Venres, 7 de agosto de 2015 Páx. 32737

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2015 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación da compra pública precomercial de servizos de I+D para o deseño e desenvolvemento de parte dun sistema básico de radar de automoción e comunicación V2V, baseado nunha arquitectura Mimo a frecuencias milimétricas, destinado ao desenvolvemento de solucións innovadoras no ámbito dos sistemas de transporte intelixente (expediente ID2/15).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

• Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

• Enderezo: Edificio de Xerencia-Servicios Centrais, Campus As Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo 36310.

• Teléfono: 986 81 35 56.

• Telefax: 986 81 38 57.

• Correo electrónico: xscont@uvigo.es

• Enderezo da internet do perfil do contratante.

http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp?idm_abr=ga

• Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: ID2/15.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: compra pública precomercial.

b) Descrición: compra pública precomercial de servizos de I+D para o deseño e desenvolvemento de parte dun sistema básico de radar de automoción e comunicación V2V, baseado nunha arquitectura Mimo a frecuencias milimétricas, destinado ao desenvolvemento de solucións innovadoras no ámbito dos sistemas de transporte intelixente, que permitirán posicionar o centro de investigación Atlantic da Universidade de Vigo como un referente internacional neste ámbito.

c) Lugar de execución/entrega:

• Enderezo: Centro de investigación Atlantic.

• Localidade e código postal: As Lagoas-Marcosende (Vigo) 36310.

d) Prazo de execución: 4 meses e, en todo caso, antes do 30.11.2015.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: non procede.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os indicados no punto 16 da folla resumo de características do prego.

4. Valor estimado del contrato: 230.000 €.

5. Orzamento base de licitación: 230.000 €. IVE para soportar 48.300 €.

6. Garantías exixidas:

• Provisional: non se exixe.

• Definitiva: non se exixe.

• Complementaria: non se exixe.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica financeira e solvencia técnica e profesional: as que se indican respectivamente nos puntos 11 e 12 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no punto 13 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

b) Modalidade de presentación: papel tres sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

• Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

• Enderezo: Edificio de Xerencia Servicios Centrais, planta baixa. Praza de Erasmo, s/n, Campus das Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo 36310.

• Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para sobres B e C na sala de xuntas de Xerencia da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: Edificio de Xerencia e Servizos Centrais, 2ª andar. Praza de Erasmo, s/n, Campus das Lagoas-Marcosende.

c) Localidade e código postal: Vigo 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán a cargo do adxudicatario, aproximadamente: 3.000 euros.

11. Outras informacións: Proxecto Táctica. Fondo Tecnolóxico. Innovación e competitividade por e para as empresas. Programación estrutural Feder (80 %) para CCAA de Galicia 2007-2013. Ministerio de Economía e Competitividade (Mineco). Dirección General de Innovación y Competitividad Empresarial.

Vigo, 3 de agosto de 2015

Por delegación (Resolución do 7.5.2014; DOG do 13.5.2014)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo