Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Venres, 7 de agosto de 2015 Páx. 32733

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2015 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e trámite ordinario, do expediente 2015/CSUA1/000010.

Subministracións:

Expediente nº: 2015/CSUA1/000010.

Obxecto: subministración e instalación de equipamento para estabulación de animais no Centro de Biomedicina Experimental (Cebega): lote 1, conxunto de racks ventilados e accesorios para estabulación de roedores; lote 2, conxunto de racks para a estabulación de coellos; lote 3, conxunto de gaiolas para a estabulación de gatos; lote 4, Conxunto de xaulas e área de recreo para primates non humanos.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 951.000 euros, IVE non incluído (lote 1: 865.000 euros; lote 2: 32.000; lote 3: 24.000 euros; lote 4: 30.000 euros).

Garantía provisional: lote 1: 25.950 euros; lote 2: 960 euros; lote 3: 720 euros; lote 4: 900 euros.

Prazo de execución: 30 de novembro de 2015.

Criterios de valoración: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

Este expediente está incluído na convocatoria de axudas para infraestruturas do Mineco, ano 2013, financiado con fondos Feder. Referencia UNST13-1E-2742.

O anuncio de licitación deste expediente foi enviado ao DOUE o 14 de xullo de 2015.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Universidade de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Número do expediente: o arriba indicado.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: o arriba indicado.

b) Número de unidades que se entregarán/executarán: o especificado no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de entrega/execución: o citado anteriormente.

d) Prazo de entrega/execución: o mencionado anteriormente.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación.

Importe total: os indicados anteriormente.

5. Garantía.

Provisional: as citadas anteriormente.

6. Obtención de documentación.

A documentación para participar no procedemento aberto poderá ser consultada ou descargada na páxina web www.usc.es/contratacion, correo electrónico mailto:contratacion@usc.es

7. Obtención de información.

a) Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Casa da Balconada, Servizo de Xestión Económica.

b) Domicilio: rúa Nova, 6.

c) Código postal e localidade: 15782 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 881 81 12 60, 881 81 12 61, 881 81 12 63.

e) Fax: 881 81 13 66.

f) Enderezo web: www.usc.es/contratacion

g) Data límite de obtención de documentos e información: 14.00 horas do 26 de agosto de 2015.

8. Requisitos específicos dos contratistas.

Clasificación: non se exixe.

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 14.00 horas do 26 de agosto de 2015.

b) Documentación que hai que presentar: a citada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Rexistro Xeral (Reitoría).

Domicilio: praza do Obradoiro, s/n.

Código postal e localidade: 15782 Santiago de Compostela.

Ou en:

Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Rexistro Xeral (Edificio Servizos Administrativos-Biblioteca Intercentros, Polígono de Fingoi, s/n).

Domicilio: Campus Universitario.

Código postal e localidade: 27002 Lugo.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses.

e) Admisión de variantes: non.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Universidade de Santiago de Compostela. Casa da Balconada.

b) Domicilio: rúa Nova, 6.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: sobre B: 13.00 horas do 8 de setembro de 2015; sobre C: 13.00 horas do 15 de setembro de 2015.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2015

P.D. (Resolución do 1.8.2011, DOG do 18 de agosto)
José Manuel Villanueva Prieto
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela