Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Venres, 7 de agosto de 2015 Páx. 32676

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (992/2013).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 992/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana María Rodríguez Bouzas contra Muma, S.L., Consulting e Ingeniería Internacional, S.L., Fogasa, administración concursal de Consulting e Ingeniería Internacional, S.L., administrador concursal de Muma, S.L. na persoa de Estefanía Lapido Taboada, administradora concursal, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvo que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Ana María Rodríguez Bouzas contra Consulting e Ingeniería Internacional Sociedad Anónima e a administración concursal, con citación do Fogasa, e absolvo os demandados dos pedimentos da demanda.

Apróbase a desistencia respecto de Muma, Sociedad Limitada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Expídoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que, na mesma data da sentenza, se deposita na Secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e polas leis. A continuación, expídese testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe».

Para que sirva de notificación en legal forma a Consulting e Ingeniería Internacional, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de xullo de 2015

A secretaria xudicial