Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Venres, 7 de agosto de 2015 Páx. 32574

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se dá publicidade ás resolucións de concesión e inadmisión de axudas ao abeiro da Orde do 23 de febreiro de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 43, do 4 de marzo), pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o pagamento de parte da factura eléctrica a través do tícket eléctrico social de Galicia para o segundo semestre de 2014 (código do procedemento IN414A).

De conformidade co disposto no artigo 59.6.b) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE núm. 226, do 17 de setembro), e no artigo 11 da Orde do 23 de febreiro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o pagamento de parte da factura eléctrica a través do tícket eléctrico social de Galicia, procédese por medio desta resolución a dar publicidade ás resolucións de concesión e inadmisión das axudas outorgadas pola Consellería de Economía e Industria ao abeiro da citada Orde do 23 de febreiro de 2015, para o segundo semestre de 2014.

Os interesados poderán consultar a información detallada das resolucións no seguinte enderezo https://ticketelectrico.xunta.es/dxem/consulta/, así como no enlace habilitado na páxina web da Consellería de Economía e Industria.

Así mesmo, fáiselles saber aos interesados que contra as citadas resolucións, que son definitivas en vía administrativa, cabe interpoñer, de ser o caso:

1. Recurso potestativo de reposición ante o órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo os artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. Ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2015

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas