Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Venres, 7 de agosto de 2015 Páx. 32711

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Becerreá (expediente IN407A 2015/13-2, 8207 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, Ourense.

Denominación: modificado núm. 1 LMT, CT e RBT derivada A Borquería.

Situación: concello de Becerreá.

Antecedentes:

Primeiro. Con data do 29 de abril de 2008, a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. solicita a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, para a instalación eléctrica LMT, CT e RBT A Borquería, no concello de Becerreá, presentando o preceptivo proxecto das instalacións a que fai referencia o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE 27 de decembro, núm. 310), que regula as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e xuntando a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola instalación que determina o artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro, núm. 285) e o artigo 143 do Real decreto 1955/2000, antes citado, que a desenvolve. Este expediente tramitouse co número 015/2008 AT.

Segundo. O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, mediante resolución desta xefatura territorial de Economía e Industria do 16 de novembro de 2011. Esta resolución foi publicada no diario La Voz de Galicia do 1 de decembro de 2011, no BOP de Lugo do 1 de decembro de 2011 e no DOG do 9 de decembro de 2011, no taboleiro de anuncios da citada xefatura territorial e no taboleiro de anuncios do concello de Becerréa. Con esta resolución inseríase a relación de bens e dereitos afectados.

Terceiro. Por Resolución do 7 de maio de 2012 desta xefatura territorial autorízase e apróbase o proxecto de execución e declárase a utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica LMT, CT e RBT A Borquería coas seguintes características técnicas principais:

1. Líña de media tensión aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 758 metros, con orixe no apoio proxectado A-18 da LMTA BEC803 no cal se fai tamén a derivación ao CTA 27AQ16, en condutor LA 56/54,6 mm2 e remate no CTA en proxecto da Borquería sobre apoios tipo 1/HV, 1/C e 5/CH.

2. Centro de transformación situado na Borquería, cunha potencia de 50 kVA e relación de transformación 20.000/400-230 V.

3. Rede de baixa tensión aérea con orixe no centro de transformación proxectado e unha lonxitude de 1.091 metros sobre 25 apoios, para mellorar a calidade da subministración eléctrica nos lugares da Borquería e A Muñeiz.

Cuarto. Con data do 13 de marzo de 2015 a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. presenta o modificado núm. 1 ao proxecto LMT, CT e RBT A Borquería para poder executar a totalidade das instalacións proxectadas, co obxeto de incluír nel a xustificación o cumprimento do Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade nas liñas eléctricas de alta tensión e as instrucións técnicas e garantías de seguridade nas liñas eléctricas de alta tensión e as instruccións técnicas complementarias ITC-LAT-01 á 09 (Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro). Así, o 6 de maio de 2015 a empresa desiste do proxecto anterior, LMT, CT e RBT A Borquería expediente 015/2008 AT, solicitando que se manteña unicamente a declaración de utilidade pública autorizada naquel para a tramitación do proxecto modificado. Neste senso, xunto coa solicitude do 6 de maio, a empresa formula declaración responsable de que o novo proxecto non modifica nin aumenta as afeccións do proxecto inicial para os predios obxecto de expropiación, polo que o procedemento expropiatorio derivado da declaración de utilidade pública dese proxecto rematou o día 9 de xullo de 2015 co aboamento dos prezos xustos aos afectados.

Quinto. O proxecto modificado someteuse a información pública para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, mediante resolución desta xefatura territorial de Economía e Industria do 7 de maio de 2015. Esta resolución foi publicada no BOP de Lugo do 23 de maio de 2015 e no DOG do 28 de maio de 2015. Tramitáronse, ademais, as correspondentes separatas co concello de Becerreá e coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil, que non puxeron ningún condicionado ao proxecto. Tamén se tramitaron coa empresa Telefónica e coa Axencia Galega de Infraestruturas que emitiron os correspondentes condicionados, que foron aceptados pola empresa beneficiaria.

A instalación eléctrica denominada modificado núm. 1 LMT, CT e RBT A Borquería presenta as seguintes características técnicas:

1. Liña de media tensión aérea a 20 kV con orixe no apoio existente núm. 18 da LMT BEC-804 e final no CT A Borquería proxectado, cunha lonxitude de 760 metros, en condutor LA-56 tensada sobre apoios metálicos e de formigón.

2. Centro de transformación intemperie A Borquería sobre apoio de formigón, cunha potencia proxectada de 50 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

3. Liña de baixa tensión aérea con orixe no C.T.I. A Borquería proxectado, cunha lonxitude de 403 metros, en condutor RZ tensado sobre apoios existentes e proxectados.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310) do sector eléctrico e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54) esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas instalacións, mantendo a declaración de utilidade pública contida na Resolución do 7 de maio de 2012 e cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran neste proxecto modificado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; os interesados tamén poderán interpoñer calquera outro recurso que xulguen pertinente ao seu dereito.

Lugo, 17 de xullo de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo