Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Xoves, 6 de agosto de 2015 Páx. 32358

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 16 de xullo de 2015 pola que se autorizan as ensinanzas elementais de música no centro autorizado de música elemental Eirís, da Coruña.

A titularidade do centro autorizado de ensinanzas elementais de música Eirís, da Coruña, solicita autorización para impartir o grao elemental.

Logo da tramitación do expediente de acordo co disposto no Decreto 253/1995, do 29 de setembro, de autorización a centros docentes privados para impartir ensinanzas artísticas; coa Orde do 5 de decembro de 1996, que o desenvolve, e co Decreto 198/2007, do 27 de setembro, que establece a ordenación do grao elemental das ensinanzas de réxime especial de música, e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar o grao elemental de música no centro que se sinala a continuación:

Denominación xenérica: centro autorizado de música elemental.

Denominación específica: Eirís.

Código do centro: 15032960.

Titular: Eirís, S.L.

Domicilio: rúa Castaño de Eirís, 1.

Localidade: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Provincia: A Coruña.

Número de postos escolares autorizados: 80 de grao elemental.

Segundo. Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro, así como o equipamento adecuado.

Terceiro. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2015

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria