Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Xoves, 6 de agosto de 2015 Páx. 32450

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (140/2015).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 140/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Adriana Pérez Albores contra AJP Guy y Otra, S.C., Antonie Jean Paul Guy Jaud, sobre ordinario, se ditou auto con data do 13.7.2015 e decreto con data do 17.7.2015, cuxas partes dispositivas son do tenor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva

Dispoño: despachar orde xeral de execución da sentenza a favor da parte executante, Adriana Pérez Albores, fronte a AJP Guy y Otra, S.C., Antonie Jean Paul Guy Jaud, parte executada, en forma subsidiaria, por importe de 12.883,12 euros [10.602,79 € de principal+2.280,33 € de xuros do artigo 29.3 do ET], máis outros 1.288,31 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan xerar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a secretario/a xudicial e a copia da demanda executiva, seranlle notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC. A executada quedará apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderá interporse recurso de reposición, ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, no cal ademais de alegar as posibles infraccións en que houber de incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acaecido con posterioridade á súa constitución do título, non sendo a compensación e a débeda admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3, aberta en Banco Santander, conta nº 00493569920005001274, e debe indicar no campo concepto «Recurso», seguido do código «30 social-reposición». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o «código 30 social-reposición». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a cal recorreu utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes destes.

Así o acorda e asina súa señoría. Dou fe.

A maxistrada xuíza A secretaria xudicial».

Parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva

De cara a dar efectividade ás medidas concretas, acordo:

Dar traslado a Adriana Pérez Albores e ao Fondo de Garantía Salarial, co fin de que no prazo de quince días poida designar a existencia de novos bens titularidade da executada e, no caso contrario, declararse a súa insolvencia.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou os interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e os datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas sen efecto neles serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interporse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes ao da notificación desta, con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 186 LPL. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 5076 aberta en Banco Santander, e debe indicar no campo concepto a indicación «Recurso» seguida do código «31 social-revisión». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación «Recurso» seguida do «código 31 social-revisión». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a cal recorreu utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a AJP Guy y Otra, S.C., Antonie Jean Paul Guy Jaud, en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2015

A secretaria xudicial