Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Xoves, 6 de agosto de 2015 Páx. 32443

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 130/2015).

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

ETX. Execución de títulos xudiciais 130/2015

Procedemento orixe: despedimento/cesamentos en xeral 878/2014

Sobre despedimento

Demandante: Verónica Troiteiro Quinteiro

Avogada: Olga Pedreira Ferreño

Demandado: Alfonso Balo Silva (Café-Bar Coussins-Loto Azul)

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 130/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Verónica Troiteiro Quinteiro contra Alfonso Balo Silva (Café-Bar Coussins-Loto Azul), sobre despedimento, se ditaron Auto do 13 de xullo de 2015 e cédula de requirimento do 16 de xullo de 2015, cuxas partes dispositivas son do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva.

Dispoño: despachar a orde xeral de execución do título indicado a favor da executante, Verónica Troiteiro Quinteiro, contra Alfonso Balo Silva.

Requirir a empresa executada para que no prazo de tres días repoña o traballador no seu posto de traballo.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións tentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se interporá no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da/s infracción/s cometida/s na resolución, cumprimento ou incumprimento de presupostos e requisitos procesuais exixidos e/ou oposición á execución despachada nos termos previstos no artigo 239.4 da Lei reguladora da xurisdición social, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada-xuíza A secretaria xudicial»

Parte dispositiva da cédula de requirimento:

«Órgano xudicial que require:

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

Asunto en que se acorda:

Execución de títulos xudiciais 130/2015.

Persoa requirida:

Alfonso Balo Silva (Café-Bar Coussin-Loto Azul), con domicilio na rúa Bruxelas R 82, nº 10, baixo 6, 15707 Santiago de Compostela).

Obxecto do requirimento:

Que no prazo de tres días repoña o traballador no seu posto de traballo.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2015

A secretaria xudicial»

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Para que sirva de notificación en legal forma a Alfonso Balo Silva (Café-Bar CoussinsLoto Azul), en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2015

A secretaria xudicial