En virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no uso da competencia atribuída a esta Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña, intentada a notificación sen que esta se puidese practicar, notifícaselles aos interesados citados no anexo que poden realizar as alegacións e presentar a documentación que xulguen oportuna no prazo de quince días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da data da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña (avenida de Salvador de Madariaga, nº 9-1º andar), para teren coñecemento do contido daquela, advertíndoos de que, de non facer así, se terán por notificados cos efectos que correspondan.
A Coruña, 15 de xullo de 2015
Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: TR 340 K 2011/230-1.
Nome: Paz y Naveira, S.L.
Último enderezo conocido: r/ Roberto Tojeiro Díaz, 1, ent. A-B, 15009 A Coruña.
Contido da resolución: acordo de inicio do procedemento do reintegro da axuda (subvención para a xeración de emprego estable).
Contía: 6.000 euros.
Precepto infrinxido: o artigo 20.4 da Orde do 17 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de iniciativas emprendedoras e de emprego, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.