Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Mércores, 5 de agosto de 2015 Páx. 32260

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2015, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de biólogos/as, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 122, do 28 de xuño), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o día 27 de xullo de 2015, o tribunal nomeado pola Orde do 6 de febreiro de 2014 (DOG número 36, do 21 de febreiro), modificada pola Orde do 24 de marzo de 2014 (DOG número 68, do 8 de abril), para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de biólogos/as, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 122, do 28 de xuño), adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Publicar como anexo a esta resolución a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo por orde de puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade.

De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, os/as aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución, para presentar a documentación prevista na citada base.

De conformidade coa base IV.3, se teñen a condición de funcionarios/as de carreira da Administración da Xunta de Galicia estarán exentos/as de xustificar documentalmente as condicións e os demais requisitos xa probados para obter o seu anterior nomeamento, e deberán presentar certificación do servizo de persoal da consellería ou organismo de que dependesen para acreditar tal condición.

Segundo. Elevar esta relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para os efectos de que os/as aspirantes que figuran nela sexan propostos/as para o seu nomeamento como funcionarios/as de carreira.

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2015

Ascensión Labella Lozano
Presidenta do tribunal

Anexo

Proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de biólogos/as

Orde

DNI

Apelidos e nome

1º exer.

2º exer.

3º exer.

4º exer.

Oposición

Concurso

Total

1

35308118J

Juncal Caldas, Luisa María

10,50

14,92

12,80

Exenta

38,22

35,41

73,63

2

33330317M

Vázquez Díaz, Carlos

11,66

11,80

10,06

Exento

33,52

27,25

60,77

3

32834434W

Fernández Márquez, Diana

10,00

11,00

12,40

Exenta

33,40

12,13

45,53