Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Martes, 4 de agosto de 2015 Páx. 32206

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Leiro

ANUNCIO de información pública do procedemento aberto para a adxudicación da xestión indirecta do servizo de abastecemento domiciliario de auga potable e saneamento.

De conformidade co acordo adoptado polo Pleno o día 22 de xullo de 2015, por medio do presente anuncio, efectúase convocatoria do procedemento aberto, oferta economicamente máis vantaxosa, con varios criterios de adxudicación, para a adxudicación da xestión indirecta, mediante concesión, do servizo de abastecemento domiciliario de auga potable e saneamento (rede de sumidoiros e depuración) do concello de Leiro (Ourense), conforme os seguintes datos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Leiro.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: servizo de abastecemento domiciliario de auga potable e de saneamento (rede de sumidoiros e depuración) do concello de Leiro (Ourense).

b) Lugar de execución: Concello de Leiro.

c) Duración contrato: 15 anos.

d) Clasificación exixida: non se exixe.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Garantías. Provisional: non se exixe. Definitiva: 75.000 euros.

5. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Leiro.

b) Domicilio: rúa Gabino Bugallal, nº 39.

c) Localidade e código postal: Leiro 32420.

d) Teléfono: 988 48 80 00.

e) Fax: 988 48 84 63.

f) Correo electrónico: info@concellodeleiro.com

g) Data límite de obtención de documentos e información: ás 14.00 horas do último día de presentación de ofertas. Se este fose sábado, domingo ou festivo prorrogaríase ao día seguinte hábil distinto de sábado.

6. Requisitos específicos do contratista: os establecidos na cláusula VIII do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante PCAP).

7. Criterios de adxudicación: os que figuran na cláusula XIII do PCAP.

– Subvención anual solicitada polo licitador: ata un máximo de 50 puntos.

– Proposta técnica: de 0 a 10 puntos.

8. Presentación das ofertas:

a) Prazo de presentación de ofertas: 26 días naturais que se contarán desde a publicación no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a establecida na cláusula IX do PCAP.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Leiro, das 9.00 ás 14.00 horas, ou por correo, na forma indicada no artigo 80.4 do Regulamento xeral de contratos do Estado. Cando o último día para a presentación de ofertas, coincida en sábado ou en día inhábil, o prazo entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

9. Apertura das ofertas: segundo cláusula XII do PCAP.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario, ata un importe máximo de 1.500,00 euros.

11. Perfil do contratante onde figuran as informacións relativas á convocatoria e onde se poden obter os pregos de cláusulas administrativas particulares, o prego de prescripcións técnicas particulares e o proxecto de explotación: www.depourense.es.

Leiro, 23 de xullo de 2015

Francisco José Fernández Pérez
Alcalde