Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Martes, 4 de agosto de 2015 Páx. 32209

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Compañía de Radio-Televisión de Galicia

ANUNCIO de formalización do contrato do expediente de contratación 2015000129.

1. Entidade adxudicadora: Compañía de Radio-Televisión de Galicia.

2. Obxecto do contrato: servizo de mediación e xestión de viaxes cunha axencia de viaxes.

3. Prazo de execución: 1 ano.

4. Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

5. Procedemento: aberto.

6. Orzamento base de licitación: non existe, o importe anual estimado segundo facturación 2014 é de 299.000 euros, sen IVE.

7. Data de publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia: 12 de marzo de 2015.

8. Data de adxudicación: 28 de maio de 2015.

9. Data da formalización do contrato: 18 de xuño de 2015.

10. Contratista: Viajes El Corte Inglés, S.A.

11. Importe de adxudicación: estimado de 299.000 euros, sen IVE.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2015

Miguel Rodríguez Barrio
Director xerente de Planificación e Administración Xeral
da Compañía de Radio-Televisión de Galicia e Televisión de Galicia, S.A.