Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Martes, 4 de agosto de 2015 Páx. 32194

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato non suxeito a regulación harmonizada, relativo ao servizo de transporte, montaxe e desmontaxe, e seguro dos elementos expositivos, e o deseño e impresión do material de edición da exposición Vía Iacobitana, por procedemento aberto con pluralidade de criterios e documentalmente simplificado.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.

d) Data de publicación no perfil do contratante: 19 de marzo de 2015.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: transporte, montaxe e desmontaxe e seguro dos elementos expositivos, e o deseño e impresión do material de edición da exposición Vía Iacobitana.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación: 33.057,85 €, IVE excluído.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 17 de xuño de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 13 de xullo de 2015.

c) Adxudicataria: Montajes de Congresos del Noroeste, S.L.

d) Importe de adxudicación: 33.057,85 €, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2015

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia