Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Martes, 4 de agosto de 2015 Páx. 32196

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo non suxeito a regulación harmonizada, relativo ao deseño, promoción e realización do 9º Outono Gastronómico en Turismo Rural, mediante procedemento aberto, con pluralidade de criterios e documentalmente simplificado.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.

d) Data de publicación no perfil do contratante: 12 de maio de 2015.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: contratación do servizo de deseño, promoción e realización do 9º Outono Gastronómico en Turismo Rural.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación: 53.719,00 €, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 3 de xullo de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 9 de xullo de 2015.

c) Adxudicataria: Creación Global, S.L.

d) Importe de adxudicación: 48.000,00 €, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2015

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia