Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Venres, 31 de xullo de 2015 Páx. 32003

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 2015 pola que se fai público o cofinanciamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, das obras hidráulicas contratadas que se indican.

missing image file

En cumprimento da normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, procédese a dar publicidade ás actuacións que a continuación se relacionan en previsión do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Contratos de obra.

Organismo: organismo autónomo Augas de Galicia.

Tramitación: ordinaria da licitación.

Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: mellora e automatización da presa de Eiras. Fornelos de Montes e Ponte Caldelas (Pontevedra).

Número de expediente: OH.136.906.

CPV (referencia de nomenclatura): 45247212-9.

Medio e data de publicación da licitación: Diario Oficial de Galicia número 9, do 15 de xaneiro de 2010.

Orzamento base de licitación: importe neto: 1.143.834,88 euros. Importe total: 1.326.848,46 euros.

Data da adxudicación: 6 de maio de 2010.

Importe da adxudicación: importe neto: 1.007.146,55 euros. Importe total: 1.168.290,00 euros.

Data da formalización do contrato: 7 de maio de 2010.

Contratista: SA de Obras y Servicios, COPASA.

b) Descrición: mellora e automatización da presa de Cecebre, Cambre (A Coruña).

Número de expediente: OH.115.944.

CPV (referencia de nomenclatura): 45247212-9.

Medio e data de publicación da licitación: Diario Oficial de Galicia número 9, do 15 de xaneiro de 2010.

Orzamento base de licitación: importe neto: 311.362,29 euros. Importe total: 361.180,26 euros.

Data da adxudicación: 7 de maio de 2010.

Importe da adxudicación: importe neto: 294.202,59 euros. Importe total: 341.275,00 euros.

Data da formalización do contrato: 20 de maio de 2010.

Contratista: UTE Atlántica de Construcción y Medio Ambiente, S.L. & Comsa, S.A.U.

c) Descrición: mellora e automatización da presa de Forcadas, Valdoviño (A Coruña).

Número de expediente: OH.115.945.

CPV (referencia de nomenclatura): 45247212-9.

Medio e data de publicación da licitación: Diario Oficial de Galicia número 9, do 15 de xaneiro de 2010.

Orzamento base de licitación: importe neto: 364.817,08 euros. Importe total: 423.187,81 euros.

Data da adxudicación: 7 de maio de 2010.

Importe da adxudicación: importe neto: 352.047,41 euros. Importe total: 408.375,00 euros.

Data da formalización do contrato: 20 de maio de 2010.

Contratista: UTE Atlántica de Construcción y Medio Ambiente, S.L. & Comsa, S.A.U.

3. Cofinanciamento da Unión Europea.

As actuacións referidas no punto 2) serán cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nunha porcentaxe dun oitenta por cento (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3: ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos, tema prioritario ou medida 45: xestión e distribución da auga (auga potable), actuación 3.45.2: renovación, mellora, optimización e desenvolvemento de novas infraestruturas de abastecemento tales como presas, pequenos encoros, captacións, depósitos reguladores, estacións de tratamento de auga potable, redes de distribución e sistemas de automatización e control. Unha maneira de facer Europa.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2015

Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia