Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Venres, 31 de xullo de 2015 Páx. 32000

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2015 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada, con tramitación ordinaria, documentalmente simplificada, do servizo de fabricación, personalización, impresión e envío de documentos de identificación bovina (expediente 34/2015).

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

Tipo: servizos.

Descrición do obxecto: servizo de fabricación, personalización, impresión e envío de documentos de identificación bovina.

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de exeución: 30 meses.

e) Admisión de prórroga: poderase prorrogar por un ano como máximo.

f) CPV: 79824000-6.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificado.

Criterios de adxudicación: oferta económica.

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: 112.385,00 €, IVE (21%): 23.600,85 €. Importe total: 135.985,85 €.

Valor estimado: 186.186 €.

5. Financiamento: fondos propios.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto nas epígrafes J e K da folla de especificacións do prego.

7. Garantía exixida: definitiva: provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do orzamento de licitación, excluído o IVE.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 40 46/981 54 57 37 (consultas administrativas); 981 54 57 33 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 50 03.

e) Enderezo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23136

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15) días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación necesaria: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), e poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 50 03).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do 26 de agosto de 2015.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2015

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar