Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Venres, 31 de xullo de 2015 Páx. 31961

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 1 da Coruña

EDICTO (147/2015-B).

Fernando Santiso Vázquez, secretario xudicial do Xulgado do Mercantil número 1 da Coruña, fai saber:

1º. Que nos autos seguidos neste órgano xudicial co número Sección I, declaración concurso 147/2015 se ditou, con data do 2.5.2015, auto de declaración de concurso voluntario do debedor Confraría de Pescadores Nuestra Señora del Carmen, con CIF G-15028103, cuxo centro de intereses principais consta na avenida Manuel Fraga Iribarne 8-10, Cariño. 15360 (A Coruña).

2º. Acordouse a intervención das facultades de administración e disposición que exercerá a administración concursal. Designouse como administración concursal a José Ron Romero, con domicilio postal na rúa Regueira, 61, 15009 A Coruña e fax 881 89 75 76, ron@icacor.es , para que os acredores, á súa elección, efectúen a comunicación de créditos.

3º. Igualmente, acordouse o chamamento dos acredores para que comuniquen á administración concursal designada a existencia dos seus créditos, que deberán efectuar conforme o previsto no artigo 85 da LC, ao enderezo postal ou electrónico indicados no punto anterior, no prazo dun mes a partir da última data de publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado.

4º. As resolucións que deriven de concurso publicaranse no seguinte enderezo electrónico do Rexistro Público Concursal www.publicidadconcursal.es, www.registradores.org .

A Coruña, 5 de xuño de 2015

O secretario xudicial