Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Venres, 31 de xullo de 2015 Páx. 31959

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (960/2014).

Mª Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso suplicación 960/2014 desta Sección, seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Sanidad de Castilla y León Sacyl, Xerencia de Saúde Áreas León e O Bierzo, Félix Villa García, Parada de Postas León, S.L. sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

«Que con desestimación do recurso interposto pola Mutua Gallega, confirmamos a sentenza que con data do 8.4.2013 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 2 da Coruña, e pola que se rexeitou a demanda formulada e se absolveu o Instituto Nacional da Seguridade Social, o Sacyl, Félix Villa García e a empresa Parada de Postas de León, S.L.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta Sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta Sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Parada de Postas León, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 14 de xullo de 2015

A secretaria xudicial