Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 30 de xullo de 2015 Páx. 31882

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2015 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a adquisición de software para banco de probas sobre EPC (expediente 23/15).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

2) Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais. Campus As Lagoas-Marcosende.

3) Localidade e código postal: Vigo, 36310.

4) Teléfono: 986 81 37 67.

5) Telefax: 986 81 38 57.

6) Correo electrónico. alabel@uvigo.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://tablon2.uvigo.es/listado_expedientes.asp

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 23/15.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: software para banco de probas sobre EPC.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non procede.

d) Lugar de execución/entrega:

1) Enderezo: Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación no campus das Lagoas-Marcosende en Vigo.

2) Localidade e código postal: Vigo, 36310.

e) Prazo de entrega: un (1) mes.

f) Admisión de prórroga: non procede.

g) Codificación CPV: 30000000-9 CPA:26.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación.

1) Oferta económica (criterio automático): 100 puntos, de acordo coa folla resumo de características.

4. Valor estimado do contrato: 46.000 €.

5. Orzamento base de licitación: a) Importe neto: 46.000 € + 9.660 € de IVE.

6. Garantías exixidas: provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % importe de adxudicación sen IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: os que se indican na folla resumo do prego de cláusulas administrativas.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no número 13 da folla resumo de características.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ata as 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: papel 3, sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

2) Enderezo: Edificio de Xerencia Servizos Centrais, planta baixa. As Lagoas-Marcosende.

3) Localidade e código postal: Vigo, 36310.

4) Enderezo electrónico: alabel@uvigo.es

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para sobres B e C na sala de xuntas do Edificio de Xerencia e Servizos Centrais da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: As Lagoas-Marcosende, 2ª planta.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36310.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratista da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, aproximadamente 1.200 €.

11. Outras informacións: axuda da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a consolidación e estruturación de unidades competitivas do Sistema universitario de Galicia. Modalidade grupos de referencia competitiva. Data límite para executar a aplicación dos fondos: 30 de novembro de 2015.

Vigo, 23 de xullo de 2015

Por suplencia (Resolución do 17.7.2015)
Emilio M. Martínez Rivas
Vicexerente de Recursos Humanos