Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 30 de xullo de 2015 Páx. 31886

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Forcarei

ANUNCIO de información pública sobre sobre a ampliación de estabulación libre para vacún de leite nas Rabadeiras (Dúas Igrexas).

En cumprimento do disposto no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente AC-62/14-1971, que se tramita neste concello por instancia de Ricardo Villaverde Iglesias, para ampliación de estabulación libre para vacún de leite, no lugar das Rabadeiras (Dúas Igrexas), neste termo municipal. Durante o prazo de vinte (20) días, contados a partir do seguinte ao da última das publicacións deste edicto que se farán unha no Boletín Oficial da provincia (BOP) de Pontevedra e outra no Diario Oficial de Galicia (DOG), o expediente atópase á disposición do público nas oficinas municipais co fin de que aquelas persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Forcarei, 17 de xuño de 2015

Belén Cachafeiro Anta
Alcaldesa