Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 30 de xullo de 2015 Páx. 31863

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 15 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia dunha resolución de modificación das bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Xanceda (Mesía).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícase a persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, os interesados poderán comparecer nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra a resolución a que se refire o anexo, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 15 de xullo de 2015

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Acto notificado: Resolución do 15 de maio 2015, da zona de concentración parcelaria de Xanceda-Mesía (Mesía- A Coruña).

Interesado: José Luis Varela Fernández, en nome propio e en representación da comunidade hereditaria de Florentino Varela Lata.