Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 30 de xullo de 2015 Páx. 31860

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2015 pola que se anuncia a contratación, por tramitación ordinaria e suxeita a regulación harmonizada, dunha subministración de vinte (20) vehículos, tres lotes, destinados á Subdirección Xeral da Gardacostas de Galicia (expediente 37/2015).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de vinte (20) vehículos destinados á Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia.

c) División por lotes e número: si.

Lote nº 1: composto por dez (10) vehículos tipo todoterreo/todocamiño (SUV);

Lote nº 2: composto por sete (7) vehículos tipo combi/furgoneta, e

Lote nº 3: composto por tres (3) vehículos tipo turismo.

d) Prazo de execución: os vehículos deberán entregarse dentro dos 45 días seguintes á data de sinatura do contrato.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 3410000-8.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria; aberto suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares (automáticos).

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 247.851,22 €; IVE (21 %): 52.048,76 €, importe total: 299.899,98 € (a distribución por lotes especifícase no prego de cláusulas administrativas particulares).

Valor estimado: 247.851,22 €.

5. Financiamento: fondos propios.

6. Requisitos específicos do contratista.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto nas letras I e J do prego de especificacións.

7. Garantía exixida. Definitiva: lote 1: 7.231,41 €; lote 2: 3.760,33 € e lote 3: 1.400,83 €.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo, nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 44 e 881 99 93 88 (consultas administrativas); 981 54 74 41 e 981 54 60 63 (consultas técnicas).

d) Fax: 981 54 50 03.

e) Enderezo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, desde as 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22952

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o 18 de agosto de 2015.

b) Documentación necesaria: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela) e poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 50 03).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do 28 de agosto de 2015.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/dos adxudicatario/s.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 10 de xullo de 2015.

13. Outras informacións: no orzamento de licitación está incluído o valor dos vehículos para entregar pola Administración.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2015

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar