Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 30 de xullo de 2015 Páx. 31879

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 25 de xuño de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se lle notifica ao interesado a facturación ao seu nome de servizos sanitarios prestados neste centro no caso de non presentar os datos necesarios para facturar ao terceiro obrigado ao pagamento.

Por esta cédula, e debido a que o abaixo relacionado non se atopou no domicilio que figura nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintas causas para non recibir as notificacións as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselle á persoa incluída na relación que se insire que:

Segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema nacional de saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade, e na disposición adicional vixésimo segunda do texto refundido da Lei xeral da seguridade social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, de non presentar no prazo de dez (10) días os datos e documentación necesarios para poder facturar ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lle foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán pola súa conta, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 56/2014, do 30 de abril (DOG 96, do 21 de maio), polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ao seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que cómpre presentar, deberá poñerse en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario no teléfono 981 33 45 06.

Para que conste, sirva de notificación ao interesado, e en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, expido, asino e selo esta cédula.

Este anuncio deberá ser publicado no BOE conforme a Lei 15/2014, do 16 de setembro, que modificou o punto 5 do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ferrol, 25 de xuño de 2015

Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol

anexo

Nome do paciente

DNI/NIF

Calvo Aguilar Pedro

053618239H