Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 29 de xullo de 2015 Páx. 31719

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2015 pola que se anuncia a formalización do servizo para o desenvolvemento de novas funcionalidades no sistema de información de xestión de servizos, cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI), mediante tramitación documentalmente simplificada.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, Cixtec.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.

c) Número de expediente: 2015-034.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo para o desenvolvemento de novas funcionalidades no sistema de información de xestión de servizos, cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI).

c) CPV: 72212000-4.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 15.5.2015

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 30.000,00 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 30.000,00 €.

b) Importe total: 36.300,00 €.

6. Financiamento.

Esta contratación está cofinanciada polo Feder nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 1, tema prioritario 13, e nun 20 %, con cargo ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI). O adxudicatario da contratación estará obrigado a cumprir as obrigas de información e publicidade comunitaria establecidas nos artigo 8 e 9 do Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006, e no artigo 1, puntos 1) e 2) do Regulamento (CE) 846/2009 da Comisión, do 1 de setembro de 2009.

7. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 3.7.2015.

b) Data de formalización do contrato: 10.7.2015.

c) Contratista: Tecnologías Plexus, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 27.900,00 euros. Importe total: 33.759,00 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2015

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable