Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 29 de xullo de 2015 Páx. 31717

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2015 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de desenvolvemento e posta en marcha de sistemas de información para a xestión e difusión da Rede de bibliotecas de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (expediente 81/2014).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de desenvolvemento e posta en marcha de sistemas de información para a xestión e difusión da rede de bibliotecas de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG do 16 de xuño de 2014.

DOUE do 13 de xuño de 2014.

BOE do 20 de xuño de 2014.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 1.139.139,66 €.

5. Orzamento base de licitación:

Lote 1: sistema integrado de xestión bibliotecaria: orzamento total de licitación de 309.653,00 € (IVE incluído).

Lote 2: espazo da internet da Rede de bibliotecas de Galicia: orzamento total de licitación de 149.800,00 € (IVE incluído).

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación:

Lote 1: 16.12.2014.

Lote 2: 16.12.2014.

b) Data de formalización do contrato:

Lote 1: 22.6.2015.

Lote 2: 6.2.2015.

c) Contratista:

Lote 1: Xercode Media Software, S.L.

Lote 2: Balidea Consulting & Programming, S.L.

d) Importe de adxudicación:

Lote 1: 278.687,70 € (IVE incluído).

Lote 2: 127.329,99 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2015

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia