Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 29 de xullo de 2015 Páx. 31742

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación, por procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, tramitado con carácter ordinario, para a contratación da subministración sucesiva de material auxiliar de cobertura cirúrxica dun só uso con destino aos centros sanitarios do Servizo Galego de Saúde (expediente MI-EIO1-15-003).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Dirección Xeral de Recursos Económicos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos - Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras - Sección de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Casetas administración, planta baixa. Sección de Contratación Administrativa.

2º. Enderezo: rúa Ramón Puga, 52-54.

3º. Localidade e código postal: Ourense 32005.

4º. Teléfono: 988 38 59 49.

5º. Fax: 881 54 70 69.

6º. Correo electrónico: contratacion.chou@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil de contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día do prazo de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: MI-EIO1-15-003.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración sucesiva.

b) Descrición: subministración sucesiva de material auxiliar de cobertura cirúrxica dun só uso con destino aos centros sanitarios do Servizo Galego de Saúde.

c) División por lotes e número de lotes: si. 24 lotes.

d) Lugar de execución/entrega: véxase o número 14 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución: 24 mensualidades contadas desde a data de sinatura do contrato ou, se é o caso, desde a data que se estableza nel.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco: si.

h) Sistema dinámico de adquisición: non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 19270000-9 Materias textís non tecidas.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: véxase o número 11 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 6.251.645,71 € (IVE excluído).

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 2.404.479,12 €. Importe total: 2.909.420,07 €.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 5 % do importe de licitación do lote/s adxudicado/s, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría), de ser o caso: non procede.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: véxanse os números 16 e 17 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: non proceden.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 31 de agosto de 2015. Se o último día do prazo de presentación de ofertas coincide en sábado ou día inhábil na localidade establecida no número 1.c.3 desta resolución, este prazo prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: véxase o número 5.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

2º. Enderezo: Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Edificio Hospital Santa María Nai, planta menos 3. Ramón Puga, 56.

3º. Localidade e código postal: Ourense 32005.

4º. Correo electrónico: contratacion.chou@sergas.es

d) Número previsto de empresas que se pretenden invitar para presentaren ofertas: non procede.

e) Admisión de variantes: non procede.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: véxase o número 5.6.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: véxase o número 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Enderezo: sala de xuntas anexa á Dirección de Recursos Económicos do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. 5ª planta do Edificio Cirúrxico; rúa Ramón Puga, 52.

c) Localidade e código postal: Ourense 32005.

d) Data e hora: a data e a hora de apertura dos sobre B e C publicaranse no perfil de contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario. Véxase o número 26 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 9 de xullo de 2015.

12. Outras informacións:

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos