Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 29 de xullo de 2015 Páx. 31740

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 10 de xuño de 2015 pola que se lle notifica á interesada a resolución do contrato por falta de pagamento e por non destinar a vivenda a residencia habitual (expediente LU-02/504, conta 30).

De conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia na que se lle dará coñecemento do contido íntegro do acto que se lle notifica.

A comparecencia deberá efectuarse ante a Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), sita na avenida de Ramón Ferreiro, núm. 28, 27002 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, nun prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido este prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia desta notificación queda supeditada a súa publicación no TEU do BOE.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2015

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente: LU-02/504, conta 30 (desafiuzamento 2/2015).

Interesada: Mª Dolores Montoya Jiménez.

Último domicilio coñecido: r/ do Cruzamento, núm. 6, 27004 Lugo.

Indicación do contido do acto: notificación da resolución de desafiuzamento por falta de pagamento e por non destinar a vivenda a residencia habitual.

Recursos: contra a resolución que dite o director xeral do IGVS, que non esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, de conformidade co sinalado nos artigos 107 e seguintes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.