Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 29 de xullo de 2015 Páx. 31695

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 18 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2015003AL-OU, incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 15 de maio de 2015, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Ourense ditou resolución do expediente sancionador 2015003AL-OU, incoado a Osmar Alimentación en Constitución, S.L. (CIF B-32436669), como titular de Dia Market, sito na avenida de Santiago, nº 111, de Ourense.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Osmar Alimentación en Constitución, S.L. (CIF B-32436669), como titular de Dia Market, o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial sita na avenida de Zamora, nº 13, de Ourense, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina Abanca, e empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias deste departamento territorial. O pagagamento voluntario pondrá fin ao expediente. De non facelo así procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Ourense, 18 de xuño de 2015

P.A. (Decreto 33/2014, do 6 de marzo)
Andrés Castro Bande
Xefe do Servizo de Xestión

ANEXO

Expediente sancionador: 2015003AL-OU.

Interesada: Osmar Alimentación en Constitución, S.L.

DNI/NIF/CIF: B-32436669.

Último enderezo coñecido: avenida de Santiago, nº 111, de Ourense.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: Rgto. (CE) nº 852/04, do 29 de abril.

Tipificación: leve.

Sanción proposta: trescentos euros (300 €).