Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 28 de xullo de 2015 Páx. 31514

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Fondo Galego de Garantía Agraria

ANUNCIO do 9 de xullo de 2015 sobre notificación do acordo de inicio do procedemento de reintegro (expedientes 52/27/2009/210225 e dous máis).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 15/2014, do 26 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, segundo a cal esta notificación ten que ser feita no BOE e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

Logo de intentada sen éxito a notificación a Sonia Montes Díaz (NIF 33344116G) nos intentos practicados no seu enderezo, comunicámoslle que o 3 de xuño de 2015 se resolveu declarar o reintegro da subvención indebidamente percibida nos expedientes 52/27/2009/210225, 52/27/2011/210089 e 52/27/2010/210064 polas cantidades de 64,19 €, 4,12 € e 12,07 € respectivamente, cun total de 80,38 €.

Consonte o previsto no artigo 77.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a interesada dispón dun prazo de alegacións de quince días hábiles, contados desde a publicación deste anuncio, para presentar os documentos e xustificacións que xulgue pertinentes.

De estar conforme coa liquidación que se formula, pode efectuar o pagamento da débeda mediante transferencia á conta corrente da entidade financeira Abanca número ES72 2080 5355 6531 1004 2831, dentro dos seguintes prazos (artigo 62 da Lei xeral tributaria):

a) Se esta publicación se realiza entre os días 1 y 15 de cada mes, desde a dita data ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte.

b) Se esta publicación se realiza entre os días 16 e último de cada mes, desde a dita data ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte.

Os expedientes encóntranse, en todo caso, á disposición da interesada no Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga); rúa dos Irmandiños, s/nº, Salgueiriños, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da interesada, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2015

Patricia Ulloa Alonso
Directora do Fondo Galego de Garantía Agraria

Anexo

Expedientes: 52/27/2009/210225, 52/27/2011/210089 e 52/27/2010/210064.

Interesada: Sonia Montes Díaz.

Acto de notificación: acordo de inicio do procedemento de reintegro.

Último enderezo coñecido: A Carballosa, 10, 27833 Xermade (Lugo).