Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 28 de xullo de 2015 Páx. 31481

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, sobre as modificacións das Sociedades Agrarias de Transformación (SAT).

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, e para xeral coñecemento, acórdase publicar a relación das sociedades agrarias modificadas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e á Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar, do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SAT de Galicia, que se citan.

A) Modificacións:

a) A sociedade agraria de transformación Abuide e Andión, SAT nº 1289 XUGA, na asemblea xeral do 27 de febreiro de 2015, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa do socio Álvaro Balado Crende que transmite as súas participacións ao pretendido novo socio Pedro Rivas López.

Como consecuencia desta baixa e transmisión de títulos o capital social queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

Pedro Rivas Andión

7.466 títulos

74.660,00 € de capital social

Ana María López Rodríguez

7.466 títulos

74.660,00 € de capital social

Pedro Rivas López

7.466 títulos

74.660,00 € de capital social

2. Aprobar a modificación do artigo 1 do Estatuto, referente á denominación social. A sociedade Abuide e Andión, SAT nº 1289 XUGA pasa a denominarse O Conde, SAT nº 1289 XUGA.

3. Modificar a Xunta Reitora que pasa a estar composta por: Pedro Rivas Andión, presidente; Ana María López Rodríguez; secretaria e Pedro Rivas López como vogal.

b) A sociedade agraria de transformación Quercus, SAT nº 1399 XUGA, na asemblea xeral do 12 de xullo de 2013, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a redución de capital nun importe de 100,00 € que son repartidos de forma equitativa entre os restantes socios.

2. Aprobar a baixa do socio Antonio Vázquez López que transmite a totalidade dos seus títulos entre os restantes socios.

Como consecuencia desta baixa e transmisión de títulos o capital social queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

José Manuel García Ferreiro

13 títulos

1.300,00 € de capital social

Fidel Gallego Cortiñas

13 títulos

1.300,00 € de capital social

Tomás Rodríguez González

13 títulos

1.300,00 € de capital social

3. Aprobar a modificación do artigo 2 do Estatuto Social, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en 3.900,00 € e estará representado por 39 títulos nominativos de 100,00 € cada un deles».

4. Aprobar a modificación do artigo 1 do estatuto no que a responsabilidade dos socios fronte a terceiros pasa a ser limitada ás achegas realizadas ao patrimonio social polos socios.

O enderezo social pasa a ser Lugar de Proendos, 104 Sober (Lugo).

5. Aprobar a modificación do artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que a Xunta Reitora pasa a estar formada por tres membros.

6. Modificar a Xunta Reitora que pasa a estar composta por: José Manuel García Ferreiro, presidente; Fidel Gallego Cortiñas, secretario e Tomás Rodríguez González como vogal.

c) A sociedade agraria de transformación Embutidos Lalinenses, SAT nº 884, na escritura pública con data do 24 de marzo de 2015, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a renumeración do capital social de forma que queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

Nilo López López

1.250 títulos

125.125,00 € de capital social

Alfonso López López

1.250 títulos

125.125,00 € de capital social

Adelaida Martínez Villamayor

1.250 títulos

125.125,00 € de capital social

Eva Celia Diéguez González

1.250 títulos

125.125,00 € de capital social

2. Modificar o artigo 2 do Estatuto Social, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en 550.500,00 € e estará representado por 5.000 xustificantes nominativos de 100,10 € cada un deles».

d) A sociedade agraria de transformación Monte Capelada Norte, SAT nº 775 XUGA, na acta de asemblea do 6 de abril de 2015 que ratifica a do 29 de novembro de 2014, 8 de xaneiro de 2015 e 23 de marzo de 2015 (elevada a pública o 30 de marzo de 2015 e o 31 de decembro de 2014), toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa da socia Concepción Carrodeguas Novo, que transmite 117 dos títulos que ten ao pretendido novo socio José Miguel Pardo Lage e 116 títulos a Iván Pardo Lage.

2. Aprobar a baixa da socia María Carmen Rodríguez Lago que transmite os 233 títulos que ten ao seu fillo José Manuel Bellón Rodríguez.

Como consecuencia desta transmisión de títulos, o capital social queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

José Miguel Pardo Lage

117 títulos

6.328,53 € de capital social

Iván Pardo Lage

116 títulos

6.274,44 € de capital social

José Manuel Bellón Rodríguez

233 títulos

12.602,97 € de capital social

Víctor Manuel Bustabad Pena

233 títulos

12.602,97 € de capital social

e) A sociedade agraria de transformación Aspoflor, SAT nº 791 XUGA, na acta de asemblea do 20 de abril de 2015, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa da socia Mª del Carmen Vinseiro Terceiro a quen a liquidan polo importe de 2.600,00 €.

Como consecuencia desta baixa, o capital social queda distribuído da seguinte forma:

Mª del Carmen Lugo Bascuas

40 títulos

2.600,00 € de capital social

Alejandro Matos Pérez

40 títulos

2.600,00 € de capital social

Francisca Orosa García

40 títulos

2.600,00 € de capital social

Mª Jesús Quintela Botana

40 títulos

2.600,00 € de capital social

Susana Rodríguez González

40 títulos

2.600,00 € de capital social

Carmen Tato Rosende

40 títulos

2.600,00 € de capital social

2. Aprobar a modificación do artigo 2 do Estatuto Social, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en 15.600,00 € e estará representado por 240 xustificantes nominativos de 65,00 euros cada un deles».

3. Aprobar a modificación do artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que a Xunta Reitora pasa a estar formada por seis membros.

4. Aprobar a modificación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Susana Rodríguez González, presidenta; Francisca Orosa García, secretaria; Mª del Carmen Lugo Bascuas, tesoureira; Mª Jesús Quintela Botana, Carmen Tato Rosende e Alejandro Matos Pérez como vogais.

f) A sociedade agraria de transformación San Martiño, SAT nº 1422 XUGA, na acta da asemblea do 11 de marzo de 2015 que eleva a pública mediante escritura con data do 16 de marzo de 2015, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a ampliación de capital social por importe de 429.220,00 €.

Como consecuencia desta ampliación de capital, este queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

Luis Lamas Losada

80.750 títulos

80.750,00 € de capital social

Pilar Lamas Lagüela

80.750 títulos

80.750,00 € de capital social

Mª Isabel Carreira Braña

80.750 títulos

80.750,00 € de capital social

Mª Isabel Lamas Losada

80.750 títulos

80.750,00 € de capital social

Pedro Sanjurjo Losada

80.750 títulos

80.750,00 € de capital social

Diego Rodríguez Lamas

27.970 títulos

27.970,00 € de capital social

2. Aprobar a modificación do artigo 2 do Estatuto Social, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en 431.720,00 € e estará representado por 431.720 xustificantes nominativos de 1,00 € cada un deles».

g) A sociedade agraria de transformación O Palomar, SAT nº 1250 XUGA, na acta da asemblea do 30 de marzo de 2015, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa do socio Carlos López Real a quen o liquidan por un importe de 15.225,00 €.

Como consecuencia desta baixa o capital social queda distribuído da seguinte forma:

Odón Castro Díaz

1.240 títulos

124.000,00 € de capital social

José Antonio Castro López

1.240 títulos

124.000,00 € de capital social

Berta Díaz Sobrado

1.240 títulos

124.000,00 € de capital social

2. Aprobar a modificación do artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que a Xunta Reitora pasa a estar formada por tres membros.

3. Aprobar a modificación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Odón Castro Díaz, presidente; Berta Díaz Sobrado, secretaria e José Antonio Castro López como vogal.

h) A sociedade agraria de transformación Arroxo, SAT nº 1110 XUGA, na asemblea xeral do 2 de maio de 2015, toma o seguinte acordo:

1. Modificar os cargos da Xunta Reitora que pasa a estar integrada por: Antonio Pérez Engroba, presidente; Delia Díaz Díaz, secretaria; José Manuel Pérez de la Fuente e María Mercedes Engroba Teijeiro como vogais.

i) A sociedade agraria de transformación Adega A Coroa, SAT nº 1114 XUGA, na asemblea xeral do 20 de novembro de 2002, elevada a pública mediante escritura con data do 28 de novembro de 2002, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a ampliación de capital social por importe de 131.333,00 €.

Como consecuencia da ampliación do capital este queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

Ángel Jesús López Vicente

3.000 títulos

45.000,00 € de capital social

Roberto Fernández García

3.000 títulos

45.000,00 € de capital social

Milagros López Vicente

3.000 títulos

45.000,00 € de capital social

2. Aprobar a modificación do artigo 2 do Estatuto Social, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en 135.000,00 € e estará representado por 9.000 xustificantes nominativos de 15,00 € cada un deles».

Na acta da asemblea do 29 de decembro de 2010, elevada a pública mediante escritura con data do 5 de xaneiro de 2011, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a ampliación de capital social por importe de 105.030 €.

Como consecuencia da ampliación de capital, este queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

Ángel Jesús López Vicente

5.334 títulos

80.010,00 € de capital social

Roberto Fernández García

5.334 títulos

80.010,00 € de capital social

Milagros López Vicente

5.334 títulos

80.010,00 € de capital social

2. Aprobar a modificación do artigo 2 do Estatuto Social, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en 240.030,00 € e estará representado por 16.002 xustificantes nominativos de 15,00 € cada un deles».

j) A sociedade agraria de transformación Casa Carballo, SAT nº 1023 XUGA, na asemblea xeral do 27 de abril de 2015, toma o seguinte acordo:

1. Modificar os cargos da Xunta Reitora que pasa a estar integrada por: José Villamide López, presidente; José Villamide Díaz, secretario; Iago Villamide López e Mª Carmen López Veiga como vogais.

k) A sociedade agraria de transformación O Fondal-Aboi , SAT nº 913 XUGA, na asemblea xeral do 18 de maio de 2015, que ratifica a do 16 de decembro de 2013, toma o seguinte acordo:

1. Modificar os cargos da Xunta Reitora que pasa a estar integrada por: Carlos Pérez Bodelo, presidente; Ismael Pérez Bodelo, secretario; Luis Pérez Gómez e María Bodelo Mosquera como vogais.

l) A sociedade agraria de transformación Moar Iglesias, SAT nº 1304 XUGA, na asemblea xeral do 10 de maio de 2015, toma o seguinte acordo:

1. Renovar os cargos da Xunta Reitora que está integrada por: José Antonio Moar Rivas, presidente; María Carmen Iglesias Liste, secretaria e Carmen Liste Calviño como vogal.

m) A sociedade agraria de transformación Santa Crus, SAT nº 779 XUGA, na acta da asemblea do 21 de marzo de 2015, toma os seguintes acordos:

1. Anular a acta de asemblea celebrada o día 13 de marzo de 2015.

2. Aprobar a baixa voluntaria dos socios Jesús Sánchez Carreira e María Paz García Mahía que transmiten os seus únicos títulos á pretendida nova socia Ceres López Vázquez.

3. Aprobar a alta da socia Ceres López Vázquez.

4. Aprobar a ampliación de capital por importe de 180,32 € que representan dous títulos que se reparten entre os socios Ramón López Quintela e María Carmen Vázquez Fernández.

Como consecuencia destas baixas, alta e ampliación de capital social este queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

Ramón López Quintela

2 títulos

180,32 € de capital social

María Carmen Vázquez Fernández

2 títulos

180,32 € de capital social

Ceres López Vázquez

2 títulos

180,32 € de capital social

5. Aprobar a modificación do artigo 2 do Estatuto Social, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en 540,96 € e estará representado por 6 xustificantes nominativos de 90,16 € cada un deles».

6. Aprobar a modificación do artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que a Xunta Reitora pasa a estar formada por tres membros.

7. Aprobar a modificación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Ramón López Quintela, presidente; María Carmen Vázquez Fernández, secretaria e Ceres López Vázquez, como vogal.

n) A sociedade agraria de transformación Palancana, SAT nº 1394 XUGA, na asemblea xeral do 18 de maio de 2015, toma o seguinte acordo:

1. Modificar a Xunta Reitora que pasa a estar composta por: Amadeo Estévez Amejeiras, presidente; José Manuel Estévez Bustelo, secretario e María del Carmen Bustelo Barbeira como vogal.

o) A sociedade agraria de transformación Pedrón A Ponte, SAT nº 1273 XUGA, na acta da asemblea do 12 de maio de 2015, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa voluntaria do socio Julio Pita Muinelo que transmite os seus títulos aos restantes socios.

2. Aprobar a ampliación de capital do socio Juan Carlos Pita Valiña por importe de 10,00 € que representan un título.

Como consecuencia da baixa e ampliación de capital, este queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

Juan Carlos Pita Valiña

5.915 títulos

59.150,00 € de capital social

Carlos Pita Muinelo

5.915 títulos

59.150,00 € de capital social

Elisa Valiña Ameijide

5.915 títulos

59.150,00 € de capital social

3. Aprobar a modificación do artigo 2 do Estatuto Social, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en 177.450,00 € e estará representado por 17.745 títulos de 10,00 € cada un deles».

4. Aprobar a modificación do artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que a Xunta Reitora pasa a estar formada por tres membros.

5. Aprobar a modificación dos cargos da Xunta Reitora que esta integrada por: Juan Carlos Pita Valiña, presidente; Carlos Pita Muinelo, secretario e Elisa Valiña Ameijide como vogal.

p) A sociedade agraria de transformación Rial, SAT nº 1175 XUGA, na asemblea xeral do 8 de xuño de 2015, toma o seguinte acordo:

1. Renovar os cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Manuel Rial Souto, presidente; Mª Carmen Negreira Souto, secretaria e Miguel Rial Negreira como vogal.

q) A sociedade agraria de transformación Perilla, SAT nº 1031 XUGA, na asemblea xeral do 8 de xuño de 2015, toma o seguinte acordo:

1. Renovar os cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Manuel Antelo Vilariño, presidente; Elena Pereira Cruz, secretaria e Efigenia Vilariño Pazos como vogal.

r) A sociedade agraria de transformación Martis, SAT nº 1152 XUGA, na asemblea xeral do 8 de xuño de 2015, toma o seguinte acordo:

1. Renovar os cargos da Xunta Reitora que está integrada por: José Guardado Sande, presidente; Constantino Guardado Gómez, secretario e Lucinda Sande Ponte como vogal.

s) A sociedade agraria de transformación García, SAT nº 1142 XUGA, na asemblea xeral do 8 de xuño de 2015, toma o seguinte acordo:

1. Renovar os cargos da Xunta Reitora que está integrada por: María García Otero, presidenta; Roberto García Vázquez, secretario; Celia Vázquez Fente e Pablo García González como vogais.

t) A sociedade agraria de transformación Caseiro, SAT nº 991 XUGA, na asemblea xeral do 5 de xuño de 2015, toma o seguinte acordo:

1. Renovar os cargos da Xunta Reitora que está integrada por: María José Valiña Piñeiro, presidenta; José Luis Pérez Barreiro, secretario; José Ángel Valiña Lejo, Sonia Valiña Piñeiro e Mª del Carmen Piñeiro Veiga como vogais.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2015

Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria