Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 28 de xullo de 2015 Páx. 31478

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se anuncia o procedemento aberto, tramitación urxente, para contratar o servizo de programación e execución de actividades en centros sociocomunitarios e residencias de maiores con programa sociocomunitario da provincia da Coruña (cinco lotes).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo Provincial de Coordinación de Centros.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo Provincial de Coordinación de Centros.

2º. Domicilio: avda. Salvador de Madariaga, nº 9-1º andar, C.C. Elviña.

3º. Código postal e localidade: 15008 A Coruña.

4º. Teléfono: 881 88 15 80/981 18 57 10.

5º. Fax: 981 18 57 01.

6º. Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: desde a publicación deste anuncio ata a finalización do prazo de presentación de propostas.

d) Número de expedientes: un.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: expediente 52/2015.

1) Servizo de programación e execución de actividades en centros sociocomunitarios e residencias de maiores con programa sociocomunitario da provincia da Coruña.

c) División por lotes: cinco lotes.

d) Prazo de execución: un ano.

e) Admisión de prórroga: si, ata un máximo de catro anos de prestación do servizo.

f) CPA 2008: 88101/CPV 2008: 85320000.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas.

4. Prezo das actividades:

O prezo por actividade será como máximo de dez (10) euros por usuario/a, actividade e mensualidade, entenderanse incluídos para todos os efectos os demais tributos, taxas e canons de calquera índole que sexan de aplicación.

5. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: non se exixe.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas e solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: a establecida no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña.

2º. Domicilio: avda. Salvador de Madariaga, nº 9-1º andar, C.C. Elviña.

3º. Código postal e localidade: 15008 A Coruña.

Por calquera das formas previstas no artigo 80 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses desde a apertura da proposta.

8. Apertura de ofertas:

a) Enderezo: avda. Salvador de Madariaga nº 9-1º andar. C.C. Elviña. 15008 A Coruña.

b) Apertura de ofertas: a hora e data serán anunciadas con tres días hábiles de antelación no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es

9. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario (aprox. 10,82 euros por liña).

10. Outras informacións: ver os pregos.

A Coruña, 16 de xullo de 2015

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña