Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 28 de xullo de 2015 Páx. 31526

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se anuncia a formalización do contrato da subministración sucesiva de todo o material necesario para a realización de gasometrías nos centros hospitalarios desta xerencia (expediente MS-EIL1-14-027).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos. Rúa Doctor Ulises Romero, 1, 27003 Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: MS-EIL1-14-027.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: subministración sucesiva de todo o material funxible preciso (reactivos, controis, calibradores, instrumentos, dispositivos...) para realizar gasometrías, xunto co alugamento do equipamento necesario para a súa determinación.

c) Lotes (de ser o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): véxanse os pregos.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, BOE, DOG, PCG e perfil do contratante.

f) Datas de publicación do anuncio de licitación: 3 de decembro de 2014 no DOUE, 20 de decembro de 2014 no BOE, 17 de decembro de 2014 no DOG e 3 de decembro de 2014 na plataforma de contratos de Galicia e no perfil do contratante do Servizo Galego de Saúde.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 453.562,72 euros.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 226.781,36 euros. Importe total: 249.459,50 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 5 de maio de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 1 de xuño de 2015.

c) Contratista: Radiometer Ibérica, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 171.988 euros. Importe total: 208.106 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: véxanse a resolución e o informe técnico no perfil do contratante.

Lugo, 18 de xuño de 2015

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos