Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 28 de xullo de 2015 Páx. 31525

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 15 de xullo de 2015 pola que se notifica a Promociones Playa Lanzada, 2012, S.L. resolución de recurso de reposición previo ao económico-administrativo.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE nº 226, do 17 de setembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado a Promociones Playa Lanzada, 2012, S.L. con último domicilio coñecido na estrada da Lanzada, Balea, 65, San Vicente do Mar, Pontevedra, resolución do director de Portos de Galicia, do 30 de xuño de 2105, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

A resolución acorda desestimar o recurso interposto contra a liquidación da tarifa portuaria E-2, emitida co número de referencia 319150112, por ocupación de superficie portuaria do porto de Aldán, Pontevedra.

Así mesmo, este anuncio se publicará no Diario Oficial de Galicia, ben que, a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O expediente completo para o seu exame e consulta atópase na sede dos servizos centrais de Portos de Galicia, sitos na praza de Europa, número 5-A, 6º, de Santiago de Compostela.

Contra a resolución poderá interpoñerse reclamación económico-administrativa ante esta entidade pública, que a remitirá á Xunta Superior de Facenda da Comunidade Autónoma de Galicia para a súa resolución, que se deberá presentar no prazo máximo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2015

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia